Un espectáculo de Nadal para os máis pequenos da casa

O Teatro Colón pon en marcha unha programación especial dirixida aos máis pequenos da casa. O musical ‘Navidades Mágicas en el fantástico mundo de Diverplay’ abre a programación infantil o luns 29 de decembro ás 18:00 horas. Esta programación para nenos continúa o venres 2 de xaneiro con Mundokalabaza e o sábado 3 de xaneiro co musical de Disney: Dreams, un mundo mágico, as dúas funcións serán ás 18:00 horas.

cartel_diverplay_PEQ
Diverplay é un espectáculo para nenos que trata de transmitir toda a maxia do Nadal. A estreliña Agapita é a escollida polos Reis Magos para guialos na noite máis máxica do ano e celebrar a festa de Nadal máis divertida da cidade. Un espectáculo participativo con xogos, bailes, risas e panxoliñas para recrear un ambiente que os máis pequenos recordarán sempre. Un espectáculo único, divertido e familiar cheo de ensinanzas e valores.

Mundokalabaza e Dreams
A programación infantil continúa o venres 2 de xaneiro co espectáculo Mundokalabaza. Esta terceira entrega das aventuras de La Kalabaza de Pippa é un musical infantil que trata de transmitir valores como a amizade, o respecto aos maiores e a importancia dunha boa alimentación. Nesta ocasión Pippa e os seus amigos terán que descubrir a resposta aos estraños sucesos que teñen lugar no Kalabazomundo.

fotoposter
A programación infantil remata o sábado 3 de xaneiro co musical de Disney: Dreams, un mundo mágico. Unha oportunidade unica para volver a vivir as películas de Disney cantadas en directo por dúas das voces máis prometedoras do noso panorama lírico: Cristian Martínez e Sarah Ramos.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.