INSOLACIÓN

En Insolación Emilia Pardo Bazán defende o dereito a elixir das mulleres. A novela adiantada ao seu tempo, supuxo un gran escándalo e foi zorregada pola crítica que a chegou a cualificar de pornográfica. A obra fálanos do encontro de dúas latitudes españolas, o norte e o sur, como metáfora das clases sociais imperantes a finais do século XIX. Pero non se trata dunha loita entre dúas personalidades senón dun encontro, Pardo Bazán non nos traslada unha mensaxe segregadora, ao contrario, unifica e fainos intuír que a separación entre clases da España de finais do XIX comeza pouco a pouco a transformase.

AUTORA. EMILIA PARDO BAZÁN.

VERSIÓN. PEDRO VILLORA.

DIRECCIÓN. LUIS LUQUE.

ELENCO. MARÍA ADÁNEZ, ALEX GARCÍA, CHEMA LEÓN, PEPA RUS.