Josema Yuste protagoniza a comedia Taxi

Despois de protagonizar ‘La cena de los idiotas’ o popular actor e cómico Josema Yuste dá vida a un taxista nesta atolada comedia de Ray Cooney. ‘Taxi’ poderá verse no Teatro Colón o venres 11 e o sábado 12 de decembro ás 20:30 horas.

taxi_promo_2015_01
Josema Yuste asina xunto a Alberto Papa-Fragomén a versión e dirección. No escenario estará acompañado por Alfredo Cernuda, Felisuco, Esther del Prado, Diana Lázaro e Javier Losán. ‘Taxi’ narra a historia dun taxista cunha vida aparentemente anodina, un feliz home casado sumido na monotonía. Pero a medida que avanza a obra dámonos conta que isto é só unha aparencia, en realidade está casado con dúas mulleres e vive con cada unha nun barrio diferente, o que o obriga a levar unha estrita planificación de horarios e a facer verdadeiros xogos de malabares. Pero todo se acaba descubrindo cando, despois dun accidente, o seu nome aparece por duplicado na comisaría de cada distrito.

Unha historia con ton de vodevil para deixarse sorprender e divertirse ‘si mis compañeros y yo nos divertimos haciendo la función, y nos divertimos mucho, el público también lo hará. Esa es mi teoría’ afirma o integrante do sempre recordado dúo Martes y Trece. O seu compañeiro de reparto Felisuco incide tamén no carácter divertido desta comedia ‘es tan divertida y desternillante que cuando me metí en la historia no pude más que sucumbir y claudicar ante ella’.

Taxi-foto-escena-6

‘Taxi’ foi unha das obras de máis éxito no teatro inglés. Estreouse no Shaftesbury Theatre en 1983 e representouse de xeito ininterrompido durante 12 anos no West End de Londres. O reparto chegou a cambiar ata en 20 ocasións, sendo interpretada polos cómicos máis populares do Reino Unido. De aí deu o salto a Broadway sumando máis de 500 representacións en todo o mundo, dende os Estados Unidos e Canadá, ata Arxentina, Corea, Islandia ou Australia.