O PODER DO ARCABUZ

Quique Peón Cía e o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina xúntanse para facer unha das obras máis grandes creadas ata o momento en Galicia: ‘O Poder do Arcabuz’. Unha montaxe de gran formato: 40 bailaríns, 20 músicos e un coro de 40 voces mixtas (100 artistas) na que se fusionan distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído a os nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A revolta Irmandiña .

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal, a linguaxe de cohesión de todo, buscando respostas que veñen dadas polo movemento antigo, pero renovado, xa que o equilibro entre o autenticamente tradicional e o depurado define perfectamente o atemporal e o universal da nosa expresión máis íntima.

AUTOR, DIRECTOR E COREÓGRAFO: HENRIQUE PEÓN. COMPOSITOR, ARRANXOS E DIRECCIÓN MUSICAL: PEDRO LAMAS. ASISTENTE COREOGRÁFICO: JORDI VILASECA. ASISTENTE DE DRAMATURXIA: SUSANA CRESPO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: SANTIAGO MAÑASCO. DESEÑO DE VESTIARIO: HENRIQUE PEÓN. CONFECCIÓN DO VESTIARIO: M. TERESA ROSALES, SANTOS SALGADO. DIRECCIÓN DE CORO: ARANTXA CONCHEIRO. DIRECCIÓN DE MÚSICOS TRADICIONAIS: MIGUEL VÁZQUEZ. DIRECCIÓN DE PANDERETEIRAS: XURXO FERNANDES. DESEÑO GRÁFICO: PABLO FEDERICO

 Dossier 

ARCABUZ_peq