Prezo: 19 € (VR) / 24 €
Duración: 75 minutos
Calificación: TP
Duración: 75 minutos
Calificación: TP
VIOLA: HUMBERTO ARMAS. VIOLÍN: JORGE GUILLÉN. TÁBOAS INDIAS: ANTHA KUMAR. CONTRABAIXO: TANIA BERNAEZ ABAD. VIOLÍN: DANIEL LÓPEZ. VIOLONCHELO: DAVID BARONA OLIVER.
ARA MALIKIAN
O violinista Ara Malikian celebra o seu décimo quinto aniversario vivindo en España e faino cuns concertos únicos e irrepetibles en Galicia visitando os escenarios de A Coruña, Vigo, Santiago e Pontevedra.
Estes concertos teñen para o autor un significado especial, posto que supoñen o fin dun ciclo na súa traxectoria como músico e o comezo dunha nova etapa coa vista posta no mercado internacional e na composición do seu propio repertorio.
Estes concertos pretenden ser a culminación dese longo período de traballo e esforzo, así como de agradecemento ao público que o apoio durante estes 15 anos nos que representou máis de 4.000 concertos en todos os recunchos de España.
Estes concertos terán o nome de “15”, en el poderémolo ver acompañado dalgún dos artistas cos que colaborou nos últimos anos, cos que realizará un repaso polos principais espectáculos cos que percorreu o noso país.
“15” será tamén o nome do CD/DVD que verá a luz no mes de febreiro de 2015 e que incluirá a gravación do concerto e numerosos extras e material adicional.
“15” será tamén o nome da xira que o volverá a levar aos mellores teatros do noso país e na que se incluirá o mellor destes 15 anos en España, así como as súas primeiras composicións en máis dunha década.
A idea central que move esta nova xira, como de costume, é a de achegar a música clásica a todos os públicos: dende os máis pequenos ata os máis maiores. O repertorio desta banda está composto tanto de obras clásicas como de adaptacións para orquestra provenientes dun amplo repertorio da música popular do século XX.
DOSSIER