Clausura da Residencia de Investigación de Javier Martín

Javier Martín clausura a súa Residencia de Investigación no Teatro Colón coa presentación da coreografía ‘la exforma’ (venres 23 de setembro), e tres días de actividades cun amplo programa de conferencias, mesas de debate e encontros apra presentarnos o seu método de traballo e as distintas colaboración en torno ás que se articula.

A Residencia de Investigación de Javier Martín no Teatro Colón desenvólvese dende setembro de 2015 ata setembro de 2016, como parte do proceso de creación da súa nova peza ‘symptoma’ xunto a Oleg Karavaichuk, célebre pianista ruso falecido en xuño de 2016 en San Petersburgo. A partir da pérdida de Karavaichuk, Javier Martín traballa na construción dunha nova obra, ‘la exforma’, resultado tamén das investigación e prácticas colectivas realizadas ao longo do ano de residencia, e que se presenta no Teatro Colón o venres 23 de setembro de 2016, pechando o programa co que se clausura a residencia. As actividades desenvolvidas durante a residencia de investigación acompañaron os procesos de creación coreográfica e xiraron en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento, coa convocatoria e reunión periódica dun grupo de investigación multidisciplinar e a celebración de conferencias, obradoiros, seminarios teórico-prácticos, intervencións performativas, encontros con comunidades… En total, celebráronse no Teatro Colón 17 encontros e prácticas con distintos grupos, axentes sociais e culturais, actividades polas que pasaron centos de persoas a traballar no escenario do teatro, dun xeito moi diferente ao que é habitual aproximarse como espectadores. Pero tamén se xeraron desbordamentos cara outros lugares, realizando preto de 20 actividades en facultades, museos, centros educativos e espazos culturais, tanto na Coruña como noutras localidades. (Descarga memoria da residencia aquí)

www.javiermartín.com

13528799_1120338244676111_4007938095864407129_n

Luns 19 de setembro. Encontro con estudantes da ETSAC (Escola Superior Técnica de Arquitectura da Coruña), materia de Proxectos. Grupo coordinado polo profesor Juan Prieto

Mércores 21 e xoves 22 de setembro. Xornadas de portas abertas co programa de charlas, conferencias e unha mesa de debate por día. Entrada libre e de balde

Mércores 21 de setembro pola tarde. Primeira xornada de portas abertas. Entrada libre e de balde

  • 18 hInspiración y champán: una meditación hegeliana’. Conferencia por José María Ripalda, especialista en filosofía clásica alemana.
José Mª Ripalda é especialista en filosofía clásica alemana, que investigou e ensinou primeiro na Freie Universität (Berlín), na Universidade Complutense (Madrid) e despois, durante máis de 20 anos, na UNED. Numerosas estancias, sobre todo na Ruhr-Universität (Bochum), Duke University (Durham, NC), Universidad Austral (Valdivia), etc. Estudou filoloxicamente sobre todo ao mozo Hegel (‘El joven Hegel. Esbozos y Ensayos’, FCE, 2014. La Nación Dividida, Abada 2 2016) pero tamén publicou ensaios de conxunto sobre Hegel (‘Fin del Clasicismo’, Trotta, 1992). Sobre as clases de Estética cf. ‘Hegel y el fin del arte’, en Archipiélago, nº 41 (Madrid, 2000). ‘Zum Ende der Kunst in der Postmoderne’, en Die geschichtliche Bedeutung der Kunst und die Bestimmung der Künste (Fink, 2005). ‘Das Problem des Sprechens über Kunst’, en Musealisierung und Reflexion (Fink, 2011).
  • 19:30h ‘Otra institucionalidad, técnica y proceso ¿Y el arte?’. Mesa de traballo e debate sobre a residencia de investigación, creación de contextos e dinámicas colaborativas, co obxectivo de facer repaso e balance do ano, compartindo os procesos e as prácticas que levamos a cabo nestes meses. Coordinada por Javier Martín.
Será un encontro aberto no que se invitará a todos os profesores , colaboradores e participantes nos grupos de investigación a formar parte da mesa: representantes das institucións colaboradorras, o Teatro Colón e a Deputación de A Coruña; profesores colaboradores durante a residencia anual das distintas escolas e facultades de Educación Física e do Deporte, Ciencias da Saúde, Ciencias da Educación, Escola Técnica Superior de Arquitectura ETSAC, e Ciclo Superior de Educación Infantil Ánxel Casal CIFP; persoas integrantes do grupo de investigación, axentes culturais activos da comarca, ec. Coordinado por Javier Martín, coa axuda de recursos audiovisuais e proxección de imaxes de todo o anos de residencias, a intención deste encontro será o de realizar un achegamento ás teses e ao espírito da Universidade Popular dende as derivas traballadas durante a residencia. ‘Se trataba de un proyecto de desarrollo dirigido a promover la participación social, posibilitar a los ciudadanos las herramientas necesarias para que fueran capaces de transformar su entorno, conjugando lo cultural, lo educativo y lo social’ (‘Las Universidades Populares en España (1903-2010)‘, Pedro Moreno Martínez y Ana Sebastián Vicente). Unha unidade de acción capaz de materializarse nun tempo en un territorio conxugando: unha idea, un plan, unha persoas e determinados recursos.

Foto_grupo_UDC

Xoves 22 de setembro pola tarde. Segunda xornada de portas abertas. Entrada libre e de balde.

  • 18h ‘Entre la gravedad y la gracia. Sobre las marionetas, loshombres y Kleist’. Conferencia por Alberto Ruiz de Samaniego, escritor, crítico cultural e comisario.
Profesor titular de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Vigo. Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid. Director da Fundación Luis Seoane de A Coruña entre 2008 e 2011. Crítico cultural e comisario de exposicións. Premio Espais á crítica de arte. Comisario do Pavillon Español da 52 Edición da Bienal de Arte de Venecia. Publicou, entre outros, os libros: ‘Maurice Blanchot: una estética de lo neutro‘ (1999), ‘Semillas del tiempo‘ (1999), ‘La inflexión posmoderna: los márgenes de la modernidad‘ (2004), ‘James Casebere‘ (2005), ‘Belleza de otro mundo. Apuntes sobre algunas poéticas del inmovilismo‘ (2005), ‘Paisaje fotográfico. Entre Dios y la fotografía’ (2007), ‘Ser y no ser. Figuras en el dominio de lo espectral‘ (2014), ‘Las horas bellas. Escritos sobre cine’ (2015), ‘Negro teatro de Jorge Molder‘ (2015). Comisariou exposicións dos artistas Antón Lamazares, Luis Seoane, Xesús Vázquez, Jorge Molder, Chema de Luelmo e Manuel Vilariño, así como diversas colectivas de arte contemporánea e as mostras Georges Perec: Tentativa de inventario; Atlantikwall, Arquitecturas bélicas en las playas del oeste; Andrei Tarkovski: fidelidad a una obsesión; La escultura en Fritz Lang; unterwegs: al paso de Walter Benjamin, Cabañas para pensar.
  • 19:30h ‘Los Arteandantes. Intento postmoderno de conquistar la plaza pública‘. Conferencia por Ana Cabo, especialista en danza.
  • 20:30h Presentación e proxección de ‘Kiasma’, curtametraxe experimental que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín. Unha proposta do arquitecto e fotógrafo Tono Mejuto, integrante do grupo de investigación articulado dende a residencia no Teatro Colón, con Iria Ares e Miguel Mariño. Co apoio da Agadic (Subvencións á creación para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego).
‘Kiasma’ é unha peza entre documental e experimental que indaga no cruce entre as artes vivas e as artes visuais, a través do proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín, ao tempo que explora as posibilidades dunha creación cinematográfica colectiva nun ámbito de investigación das artes do movemento. A proposta, que xorde do encontro entre integrantes da residencia de investigación de Javier Martín no Teatro Colón, procura establecer unha conexión conceptual e formal directa co xeito de traballo e as texturas de movemento do coreógrafo. Rodada en celuloide branco y negro de 16mm, e sendo despois proxectada en estéreo a través d dúas canles polarizadas, o filme disocia o corpo do intérprete en dous, un por cada ollo e hemisferio, nun traballo de sincronía e choque entre eses dous corpos ou ideais simbólicos. A proposta pretende transformar así os valores tradicionais da relación corpo-imaxe no cine, tanto a través da proposta filmada como a través do seu formato de exhibición e a súa interpelación directa aos corpos dos espectadores.

Venres 23 de setembro. Presentación do espectáculo La exforma de Javier Martín. Ao remate da función Javier Martín abrirá un encontro co público.

‘O acto da coreografía en sí obriga ao movemento a caer nun estado vibratorio definido e diferente a cada vez, constituíndose un evento singular. Topoloxicamente transferible, sen romper nin pegar, afásico, silente; tratamos cunha linguaxe non liñeal senon espacial. Unha realidade non polar senón aromática, que axencia ou asocia afectos pola súa espontánea interlocución. De pleno acontecer reconcíliase coa potencia, alternando as ondas da marea da orde do discurso. (…) Trátase de comprender que obviar a singulariedde do desexo, atravesándoa de procesos que desnaturalian a súa gracia, é desconectar o corpo da súa potencia e interlocución co lugar’. Mecamística, jm

http://www.javiermartín.com/artesdelmovimiento/la_exforma.html