Música

Gallaecia All Stars

O musical “Mellor, mellor!”

Gallaecia Eventos

Un espectáculo cunha coidada posta en escena pensado para todo tipo de público. Durante dúas horas ininterrompidas de música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, Gallaecia Big Band realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con escenas de humor que diferencian este espectáculo doutras formacións musicais.

O repertorio é unha coidada selección dos clásicos do swing, latin, boleros, mambos, chachachás, rock and roll, soul….

Trece músicos, dous cantantes de luxo, Sergio Zearreta e Paty Lesta e unha convidado estrela, Luís Iglesia! Música, teatralidade e moitísima diversión, farán que a festa sexa inesquecible!

Nunha Galicia invadida polas orquestras modernas, o cantante Segio Zearreta, con moitas ambicións e pouco coñecemento de causa, decide ser cantante da Gallaecia Big Band, unha elegante e clásica formación que reflicte toda a esencia das grandes Big Bands, as que facían bailar o público cun repertorio clásico e moi variado. Para conseguir o seu obxectivo, o noso desaventurado cantante S.Z. terá que lidar co seu director, o pianista italiano Cristian Leggiero, a marabillosa Paty Lesta cantante da Big Band e o cantante convidado estrela, Luís Iglesia.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 18 de Novembro de 2017 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

CANTANTES/ACTORES: Luís Iglesia, Sergio Zearreta e Paty Lesta. PIANO, ARRANXOS E DIRECCIÓN: Cristian Leggiero. SAXOS: Pablo Castaño, Antonio Otero e Martiño Mato. TROMBÓNS: Luis Miranda, Diego Rodríguez e Pedro Torres. TROMPETAS: Hansel Luís, Wilson Ortega e Adrián Lage. BATERÍA: Sergio González. BAIXO E CONTRABAIXO: Pachi Cruz. PERCUSIÓN: Ildemaro Díaz. TÉCNICO SON: Manolo Dourado.