Prezo: 10 € (VR) / 15 €
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
CAMERATA NUESTRO TIEMPO
BANDONEÓN: MATÍAS GONZÁLEZ. VIOLINES: FUMIKA YAMAMURA, GABRIEL BUSSI, ÁNGEL MAROTE, MIHAI TANATESCU, LUCÍA COUTO. VIOLAS: RAYMOND ARTEAGA, RAQUEL SAN PEDRO. VIOLONCHELO: LUIS ENRIQUE CABALLERO. CONTRABAIXO: TODD WILLIAMSON. CLAVE: FERNANDO LÓPEZ PAN.
OCHO ESTACIONES, VIVALDI / PIAZZOLLA
Sepáranos tres séculos de diferenza, pero úneos a música, e esa comuñón de espíritos, un dende o barroco e o outro dende o tango. Que se pode dicir dunha obra como As catro estacións, interpretada infinidade de veces?. Simplemente, que se trata dunha obra universal, dun clásico entre os clásicos de beleza indiscutible.
Antonio Vivaldi compuxo as súas famosas catro estacións como parte dunha colección de concertos chamada Il cimento dell’armonia e dell’inventione Op. 8, traducido en ocasións como A loita entre a harmonía e a invención Op. 8 (1725). Nesta colección Vivaldi incluiu doce concertos para violín solista, cordas e baixo continuo. Os catro primeiros concertos, que constan de tres movementos cada un (rápido – lento – rápido) son coñecidos como As Catro Estacións. Neles Vivaldi inclúe efectos sonoros que describen á perfección a natureza durante as catro estacións do ano.
Cando Astor Piazzolla compón as súas catro estacións porteñas faino de xeito moi diferente, aínda que se inspira en Vivaldi en certos aspectos coma a estrutura, o concepto ou o virtuosismo. Piazzolla compón as súas estacións non como un conxunto de pezas nunha colección, senón que o fai de xeito individual, escritas entre 1965 e 1970, co paso do tempo remata por agrupalas nunha suite. Piazzolla demostrou ser un xigante do tango ao evocar ao compositor italiano Antonio Vivaldi coas catro estacións porteñas.
O sentimento tan nostálxico que Piazzolla é capaz de describir nas súas estacións e nas súas composicións en xeral é inseparable á súa propia natureza. O público é con frecuencia receptor dun altísimo contido artístico que con tanta sensibilidade expresa esta música.
Agora o solista é o bandoneón, interpretado nesta ocasión polo arxentino Matías González que compartirá protagonismo cos violíns solistas de Fumika Yamamura e Gabriel Bussi e a Camerata Nuestro Tiempo, integrada principalmente por músicos da Orquesta Sinfónica de Galicia.
PROGRAMA