Como xa é tradición, noso gaiteiro máis internacional volve a casa por Nadal e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente.

Fonematología é un espectáculo que ofrece un fascinante percorrido pola historia da música mecánica e a súa profunda conexión co desenvolvemento científico e tecnolóxico, desde as primeiras polifonías europeas ata a música contemporánea. A través da zanfoña, un instrumento medieval mecanizado, instrumentos mecánicos e o oboe, exploramos a evolución das primeiras formas polifónicas e…

José Luis Crespo, director de Quantum Fracture, narrará o seu percorrido desde as aulas de física ata converterse en divulgador científico en YouTube e outras plataformas. A través da súa experiencia, Crespo explorará os desafíos de transformar a ciencia en contido accesible e creativo para millóns de persoas.

Divulgadores de primeiro nivel achegarannos á ciencia a través de charlas curtas e inspiradoras. Contaremos cos neurocientíficos: Xurxo Mariño (Órbita Laika, gañador de premio Prismas 2024 ao mellor libro de divulgación) e Casto Rivadulla (divulgador experto en neurociencias autor do libro A que cheiran as cores?), a xornalista, sexóloga e divulgadora Laura Veiga (responsable…

Un pianista, un actor e un comunicador da ciencia súbense ao escenario para contar (e cantar) a historia dun pioneiro, dun home que vivía no futuro. Porque o mundo mudou cando a noite foi barrida da terra. A Chispa Máxica estreouse en 2023 no Teatro Zorrilla de Valladolid no evento Naukas Valladolid. Este espectáculo…

Quixese pedir un desexo, quixese poder verche algún día, quixese saber se me acordarei, se estarei preparado para verche e se o día que nos atopemos sexa capaz de dicir que son quen realmente quero ser. HALLEY é unha viaxe da man do cometa no que diferentes historias entrecrúzanse. Unha nena que fai estrelas…

Nada se Sabe é unha obra que reflexiona sobre a exclusión e a discapacidade. A través de textos clásicos como Filoctetes, catro actores revisan como a sociedade non sempre inclúe ás persoas diferentes. A peza destaca a importancia de cuestionar prexuízos e entender a diversidade desde novas perspectivas. De Culturactiva Producións e Centro Dramático…