Slava’s Snowshow

Slava Polunin, da familia de Cirque du Soleil, colaborador na creación de Alegría e posiblemente o clown en activo de maior prestixio internacional, trae de novo a España o seu espectáculo máis popular: Slava’s Snowshow. Slava’s Snowshow é un espectáculo teatral circense, poético e intemporal, que cativou e potenciou, como ningún outro, a imaxinación de…

Temporada Lírica | Gala con Samuel Mariño

  A gala da Temporada Lírica estará protagonizada polo cantante venezolano Samuel Mariño, acompañado ao piano por Jonathan Ware. O sopranista chega por primeira vez a Galicia e “ofrecerá un fantástico repertorio camerístico que estamos seguros de que ha de acadar o aplauso do público”, asegura Aquiles Machado, director artístico da Asociación Amigos da Ópera…

Temporada Lírica | La finta semplice, de Mozart

  Produción propia de Amigos da Ópera e asinada por Gianmaria Aliverta. Giuseppe Sabbatini regresa á Temporada Lírica da Coruña para se facer cargo da dirección musical da Orquestra Sinfónica de Galicia. Anthony Web daralle vida a Polidoro; Christian Pursell será Cassandro e Marina Zyatkova será Ninetta. Diana Alexe converterase en Rosina e Angela Schisano…

Temporada Lírica | Pélleas et Mélisande, de Debussy

  A LXXIII edición será clausurada o 5 de decembro coa obra Pélleas et Mélisande, no Teatro Colón da Coruña. Esta será a première da única ópera composta por Claude Debussy na cidade herculina nunha cita que contará co principal director convidado da Asociación de Amigos da Ópera, José Miguel Pérez Sierra, o cal se…

Luisa Fernanda, de Federico Moreno Torroba

O terceiro acto das Sinerxías Educativas: Luisa Fernanda. A zarzuela que nunca deixou de soar en nós. Un proxecto único, colectivo, onde talento, aprendizaxe e paixón se mesturan nun vórtice creativo sen precedentes. Máis de 150 estudantes de seis centros públicos galegos: o Conservatorio Superior de Música da Coruña, a Escola Superior de Arte Dramática…

Lúa Mosquetera

Un espectador definiu algunha vez este show como “stand up poetry”. É un recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas” en palabras da propia Lúa. É un espectáculo que che remove por dentro, que che leva con sorprendente facilidade da risa ao pranto, que che enche o peito…