Fanfare for the Common | Man A. Copland An American in Paris | G. Gershwin Rhapsody in blue | G. Gershwin A Travesía do Meigo | A. Rábade Vieiros de Luz | A. Rábade Solista: Abe Rábade. Director: Juan Miguel Romero Llopis.

La Grande Chapelle é un prestixioso conxunto de música antiga fundado e dirixido por Albert Recasens, especializado na interpretación de música vocal e instrumental do Renacemento e do Barroco temperán. A formación goza dun gran recoñecemento internacional polas súas interpretacións e o seu alto nivel artístico e ten actuado en importantes festivais e escenarios…

Libremente é un concerto antolóxico no que Amancio Prada mostra e revela as pegadas e voces que latexan no seu propio canto e que foron trenzando o fío da súa vida de artista. Das fantasías de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, pasando polas de Gustavo Adolfo Bécquer, Álvaro Cunqueiro, Darío Xoán Cabana, Agustín…

Viaxe beethoviano Ludwig van Beethoven (1770 – 1827) 12 Variacións sobre un tema de Judas Maccabeus WwO 545 para cello y piano Sonata en sol menor para cello e piano, Op. 5 Nº 2 Adagio sostenuto ed espressivo Allegro molto più tosto presto Rondo. Allegro Sonata en La Maior para cello e piano Op….

Prato forte do festival +QJazz será o Christian McBride Quintet, que actuará no Teatro Colón o martes 9 de xullo ás 21.00 horas na xornada de clausura. McBride, baixista, compositor e director de banda gañador de oito premios Grammy, estará acompañado de catro talentos emerxentes: a saxofonista Nicole Glover, a guitarrista Ely Perlman, o…

A banda coruñesa Moura e o trío vigués Caldo únense para experimentar coa música de tradición oral nun concerto conxunto polo Día da Música. A medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presenta o seu novo EP, Fume santo de loureiro, pero tamén interpretarán o seu aclamado Axexan,…

Uxía traerá un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito dos seus case 40 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectando coas culturas atlánticas. Ademais dos seus últimos traballos tamén se aproximará á música tradicional da Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca…

Revelación absoluta da nova canción galega, o seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autor e a querenza pola música tradicional galega. En Carta Aberta, o seu primeiro traballo discográfico, revélase un estilo propio que conquista a crítica e público, levándoa a presentar a súa música en festivais e salas de…