LOS 7 CABRITILLOS, Cía. Pupaclown

[PROGRAMACIÓN ESPECIAL DÍA DO LIBRO INFANTIL] Sete cabritiños divírtense do lindo cando a súa nai se vai ao mercado, pero atópanse sos ante o perigo: un terrible lobo quéreos comer. Comeraos? Seguro que si, pero o final non é ese. E non cho podo contar agora. O que si che podo dicir é que son…

PÁNICO, Coart+e e Dos Palmas Producciones

‘Pánico’ é unha comedia que basea a súa reflexión nas dúas emocións máis potentes que existen: o amor e o medo. Trátase de tres personaxes masculinos que, por diversas circunstancias, vense forzados a crecer interiormente, a vida obrigounos a deterse e reflexionar, a mirarse un pouquiño por dentro e a dar un paso renovador. O…

EL RETABLO DE LAS MARAVILLAS, Morfeo Teatro

MORFEO TEATRO Con especialidade en teatro clásico e residencia en Burgos, dende hai anos recibe unha cálida acollida pola súa singularidade. Na súa filosofía está o afán de adaptar ou rescatar pezas pouco habituais no repertorio clásico, asumindo un vangardista sentido da posta en escena. Dentro do seu academicismo asume os riscos de estudar as…

LOSERS, con MARIA PUJALTE e VICENTE ROMERO

María Pujalte e Vicente Romero forman a parella que autora de ‘Losers’, Marta Buchaca, escolleu para interpretar aos seus característicos personaxes. Un espectáculo con situación e atmosfera moi actual, que provocará as risas do público tanto polas divertidas escenas que viven os seus protagonistas como pola identificación que se producirá entre os espectadores e os…

A ÓRBITA DO LUCECÚ, Lucecús Teatro

Para a realización deste proxecto teatral, a compañía apostou por un intenso traballo de documentación partindo de dous temas: a sociedade tecnolóxica e os novos xeitos de comunicarse. O proceso foinos levando a tres ideas que orbitaban ao redor noso: os lucecús, Nikola Tesla e o planeta vermello. Logo dese traballo de documentación, pasamos á…

ATCHÚUSSS!!!, sobre textos humorísticos de ANTÓN CHÉJOV

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR: LA RED DE TEATROS Na longa lista de textos humorísticos que escribiu Antón Chéjov (co pseudónimo Antosha Chejonte que empregou durante a súa mocidade) o autor, dotado dunha ilimitada capacidade de comprensión e unha inmensa piedade, converteu en protagonistas a uns pobres diaños que ata entón só serviran de foriño, coro e…

A FORMA DAS COUSAS [ESTREA]

‘A Forma das Cousas‘ é unha brillantísima comedia negra asinada polo dramaturgo Neil Labute, considerado como o herdeiro natural de David Mamet. Trátase dunha historia provocadora, contundente, intelixente e cun ritmo trepidante que pescuda sobre os límites do amor e da arte contemporánea. Até onde estamos dispostos a chegar no nome do amor?

VIP, Joglars

A vida é ondulante e a educación e a relación do mundo adulto cos nenos foi cambiando ao longo da historia. Na nosa moderna sociedade actual parécenos que o neno acadou o máximo privilexio facéndoo equiparable ao trato que recibe unha VeryImportantPerson (V.I.P). Resulta paradoxal que a actitude ben intencionada dos pais, ben sexa por…

EL PEÑÓN ES NUESTRO, Coart+e Producciones

POR MOTIVOS ALLEOS AO TEATRO COLÓN A OBRA DE TEATRO ‘PÁNICO’ É SUBTITUÍDA POLA COMEDIA ‘EL PEÑÓN ES NUESTRO’ +info Nun futuro impreciso, pero non moi afastado, unha España arruinada pola crise e o desgoberno debátese entre dúas malas opcións: o goberno conservador de don Mario de la Fe y de la Paz e a…

NUESTRAS MUJERES, Pentación Espectáculos

Cun punto de partida sorprendente, potente, de pura teatralidade, Assous preséntanos o seu máis recente éxito teatral: ‘Nuestras Mujeres’ (Nos Femmes). Poñendo en cuestión moralidade, conviccións íntimas e ética persoal, o autor propón un xogo vertixinoso no que tres personaxes masculinos combaten nun duelo sen cuartel con outras tres mulleres que, sen aparecer nunca sobre…

10 NEGRITOS, Enrique & Alain Cornejo Producciones

‘10 NEGRITOS’ é ‘a mellor idea de Agatha Christie’, recoñecido pola propia autora. Escrita en 1939, bateu todos os récords de espectadores e lectores. Cuns 100 millóns de copias vendidas, ata o momento; é a novela de misterio máis vendida da historia e está considerada dentro dos 10 libros máis vendidos de todos os tempos….

EL REY, Teatro del Barrio

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR: LA RED DE TEATROS Que papel xogou a monarquía en España nos últimos corenta anos? A que fins serviu? Cales son os obxectivos da monarquía española para as vindeiras décadas? ‘El Rey’ é unha ficción cun personaxe central que se chama Juan Carlos I. Un home que, no epílogo da súa vida,…