Aprazadas as funcións de Ilustres Ignorantes

As dúas función de Ilustres Ignorantes previstas para os vindeiros venres 16 e sábado 17 de setembro quedan aprazadas por causa de forza maior. A produtora e o teatro están buscando unha nova data na que ofrecer o espectáculo.

O show está interpretado por Javier Cansado, Pepe Colubi e Javier Coronas. Aquelas persoas que adquirisen entradas para estas funcións poden pedir a devolución do importe pola mesma canle pola que realizaron a compra ata 30 días despois da data da función.

A programación desta semana continúa mañá xoves 28 ás 21:00 horas co concerto benéfico do Keilin 4 Ensemble a favor do Banco de Alimentos Rías Altas. O venres 29 ás 20:30 horas Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano protagonizan a comedia ‘Nuestras Mujeres’. O sábado 30 ás 20:30 horas chega o Sing-Along da película ‘Dirty Dancing’ e o domingo 1 de maio ás 20:30 horas o concerto ‘Tango: Hora Zero’ de Quinteto Nuestro Tiempo.