Celso Fernández Sanmartín explora a tradición oral este venres no Teatro Colón

  • O coñecido contacontos volverá impresionarnos coas súas historias o venres 28 ás 20:30 horas
  • O sábado 29 os humoristas David Perdomo, Gary e Victor Grande protagonizan ‘Coruña con Humor’

O lalinense Celso Fernández Sanmartín presenta este venres 28 ás 20:30 horas ‘Contar’, unha proposta coa que nos achega a tradición oral ligada á nosa cultura. E o sábado 29 ás 20:30 horas volve o humor ao escenario do Colón con David Perdomo, Gary e Víctor Grande.

Celso Fernández Sanmartín é un dos contadores de historias máis recoñecidos da actualidade. Recolle e adapta historias da tradición oral dirixidas a distintos públicos. O poeta e contacontos de Lalín explica que o seu repertorio ‘está formado por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral e tamén á europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre’, aínda que tamén lles dá, a algunha delas, unha lectura contemporánea, presentará tamén historias e contos de creación propia.

Slider_Corunha_con_Humor

O sábado 29 ás 20:30 horas o humor volve a encher o escenario do Teatro Colón con ‘Coruña con Humor’. Un espectáculo que une a Gary, Victor Grande e David Perdomo no que promete ser unha noite chea de risas.