CineConferencia

70 anos Teatro Colón

Unha homenaxe aos 70 anos dun dos teatros máis emblemáticos de Galicia: o Teatro Colón. Un percorrido pola súa historia da man dalgúns dos seus protagonistas e alusións á filosofía coa que naceu o teatro.

  • 18:30 a 19:30 h.: Visitas guiadas ao Teatro Colón
  • 20:30 h.: mesa redonda cun percorrido pola súa historia de man dalgúns dos seus protagonistas como poden ser:
    -Jesús Ángel Sánchez García (Historiador da Arte)
    -Luis Seoane Seijas (Xerente da Empresa Fraga na Coruña, primeiro director do Teatro Colón)
    -Cristóbal Crespo (Arquitecto encargado da obra de remodelación do Teatro Colón)
    -Javier Ozores Marchesi, Productor cinematográfico
    -Bettina Kohlhaas, directora actual do Teatro Colón
    -Isabel Rey, filla do dono orixinal do Teatro Colón
  • A continuación: Proxección dunha das grandes estreas que ocuparon la carteleira do Teatro Colón en 1948: Carta de una desconocida, de Max Ophüls.

A entrada é de balde, pero para o acceso hai que retirar o convite na Taquilla do Teatro Colón, o mesmo día, a partir das 18:30 h.

Prezo: Gratis, previa retirada de invitación.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 14 de Decembro de 2018 | 20:30