Conferencia

Jocelyn Bell

24º CONGRESO ESTATAL DE ASTRONOMÍA

 

Jocelyn era unha estudante de doutoramento cando, en 1967, encontrou unha sinal periódica entre os rexistros dun telescopio. Foi a primeira detección dun púlsar, un descubrimento de enorme importancia que mereceu un Premio Nobel de Física… pero non para ela, senon para o seu director de tese, na que é unha das maiores controversias científicas da historia do Nobel. Ela é hoxe en día un referente da astronomía, cunha traxectoria investigadora, docente e de compromiso activo en favor da educación e a iguadade de oportunidades que estará na Coruña, no marco do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.

É preciso inscribirse para asistir á súa conferencia. Inscricións: https://xxivcea.es/es/inscripcion/#conferencia

Prezo: Acceso de balde previa inscrición.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 21 de Outubro de 2021 | 20:00