Teatro

A cabeza do dragón

Unha obra de Valle-Inclán. Producións excéntricas.

“A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor nunha colección de farsas que titulou, ironicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo.

Esta fábula está brillantemente manipulada por Valle-Inclán, quen introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso… A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento.

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 1 de Decembro de 2017 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez. AUTOR: Ramón María del Valle-Inclán. DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Quico Cadaval. VESTIARIO E DESEÑO GRÁFICO: Suso Montero. ESPAZO ESCÉNICO E ILUMINACIÓN: Baltasar Patiño. COMPOSICIÓN MUSICAL: Javier María López. DIRECCIÓN MUSICAL: Diego García Rodríguez. MÚSICOS DO T.A.C.: Luis Soto, Saúl Canosa, Alfredo Varela, José Vicente Faus, Nicasio Gradaílle, Xaquín Carro Cribeiro e Alvaro Quintanilla. XEFE TÉCNICO: Octavio Mas. MAQUINARIA E SON: Pepe Quintela. COREOGRAFÍA: Iván Marcos. XEFE DE PRODUCIÓN: Rubén G. Pedrero.