ESCOLARES - Documental

A palabra xusta

Máis información: comunicacion.colon@dacoruna.gal

Presentación e proxección do documental “A palabra xusta”. Ante a cámara Tita vai debullando os seus recordos, os seus pensamentos, as súas emocións. Antía Cal busca para nós a palabra xusta para contarnos as súas orixes, a súa infancia, o espertar da súa vocación, o desexo de saber, a súa pelexa para poder estudar, o seu encontro cunha universidade ancorada no pasado, a chegada do grande amor da súa vida, a fundación dunha escola que rompía co establecido… Todo canto a conformou como muller, como mestra e como pedagoga.

Con “A palabra xusta” achegámonos a unha muller singular que fundou o Colexio Rosalía de Castro en Vigo en 1961 e cuxa obra perdurou nos seus alumnos até hoxe.

Prezo: Gratuíto. Entrada por convite, é necesario reservar.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 21 de Febreiro de 2018 | 11:00