MATINAIS -Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

Aguratrat

Cía. Pérez&Fernández

Aguratrat é unha adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.