Musical
EVENTO INFANTIL INFANTIL

ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS

Dos creadores de El Mago de Oz: El Musical chega esta reinvención en clave de teatro musical do clásico de Lewis Carroll, no que reviviremos as aventuras de Alicia ao caer no tobo dun coello. Alicia compartirá cita co Sombrereiro Tolo, A Raíña de Corazóns, o Sr. Coello e moitos outros personaxes rocambolescos.

Prezo: ANTES 26/01/2015 16 € / 13 € (VR) DESDE 27/01/2015 18 € / 15€ (VR)
Duración: 60 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 22 de Febreiro de 2015 | 18:00

SINOPSE

Alicia en el País de las Maravillas é un musical que narra a historia dun conto de ampla tradición literaria co formato escénico máis actual: audiovisuais, música en directo, humor e diversión para toda a familia.

Esta versión conta coa particularidade de xuntar e mesturar elementos do conto clásico 'Alicia no País das Marabillas' e da súa segunda parte, 'Alicia a través do espello' nun brillante exercicio de síntese literaria e escénica. A versión inclúe a posta en escena e interpretación de seis cancións orixinais, e unha perfecta transposición do humor de Lewis Carroll ao século XXI.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO. ANA DEL ARCO, JAVIER SOTORRES, JAVIER SEBASTIÁN MUÑOZ, ANDREA RODRÍGUEZ, ZALO CALERO, JOSÉ LINAJE. CARACTERIZACIÓN E VESTIARIO. ÁLVARO AGUADO E NATALIA CABAL. AXUDANTE DE PRODUCIÓN. ISABEL MARÍA LÓPEZ, MACARENA LÓPEZ. DESEÑO E ILUMINACIÓN. EVA SUÁREZ. DESEÑO DE SON. MARTÍN GAMARRA. DIRECCIÓN E LIBRETO. JAVIER DE PASCUAL. DIRECCIÓN MUSICAL. LUIS BOMATI, VICENTE PASCUAL. PRODUCIÓN EXECUTIVA. VICENTE PASCUAL. PRENSA. REYES CABERO.