Danza

Amparo ao outro lado

EPB100. Centenario de Emilia Pardo Bazán

 

Peza documental e solo de danza contemporánea arredor da figura de Emilia Pardo Bazán e a súa obra.

O proxecto Amparo ao outro lado ofrece unha experiencia multisensorial arredor da figura da autora Emilia Pardo Bazán.

O evento conta cunha peza de danza contemporánea, un documental e un encontro coa artista. Este formato, permítelle ao público coñecer dende as voces das mulleres que acompañan a figura de Emilia ata o presente, a historia e pegada da autora no movemento feminista galego.

Programa:

  • Representación do solo de danza contemporánea Amparo a cargo da bailarina e coreógrafa Ana Beatriz Pérez (Cía Entremans).
  • Proxección do documental Amparo ao outro lado.
  • Encontro participativo coa artista Ana Beatriz Pérez (bailarina e impulsora do proxecto).
Prezo: De balde con convite



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 16 de Abril de 2021 | 20:00

SINOPSE

(Español) Mulleres que esfollan a vida e apretando as horas coas súas mans encoméndase ao tempo.

FICHA ARTÍSTICA

  • Ana Beatriz Pérez | Directora artística
  • Ramiro Neira Cortés | Asesor artístico e entrevistador
  • Ana Romero Masiá | Asesoramento histórico
  • Xulia Santiso Rolán | Asesoramento
  • María Nieto Díaz | Comunicación, prensa e redes sociais
  • David Balado González | Gravación de vídeo
  • Pablo Rodríguez Martínez | Gravación e edición de vídeo
Protagonistas por orde de participación:
  • Rosa Fernández de la Iglesia
  • Pilar del Carmen Pereira Sabio
  • Ana Beatriz Pérez
  • Ana Romero Masiá
  • María Dolores Rodríguez Morás (Lolecha)
  • Encarnación Rodríguez Muñoz (Cani)
  • María Celia Vaamonde Fernández
  • Xulia Santiso Rolán