Familiar

Arcos Iris – El mundo suena

EN FAMILIA

Despois de cinco anos rodando os seus primeiros dous proxectos, Arcos Iris volve co seu terceiro e novo espectáculo “El Mundo Suena”, un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas de todos os continentes do planeta Terra.

O punto de partida será a Andalucía xitana, descubriremos os ritmos nativos das tribos Africanas, bailaremos tango en Buenos Aires e Bossa Nova en Brasil. Pasando por México entramos en América do Norte, onde coñeceremos a auténtica música dos Estados Unidos. A continuación arrolarémonos nas ondas musicais de Oceanía antes de saltar á milenaria cultura chinesa coas súas afastadas sonoridades e harmonías. O árido Oriente Medio e o virtuoso folk ruso traeranos de volta á nosa querida Europa, onde volveremos gozar dalgúns dos compositores máis grandes da historia da música clásica.

Unha volta musical ao mundo.

Unha experiencia inesquecible.