Teatro

ArtesaCía | Illas desertas

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | CICLO A PALABRA TRANSMEDIA

 

ILLAS DESERTAS válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural polo seu camiño vital cara a utilidade desas cousas inútiles.

A obra fai referencia directa ás ambigüidades do hoxe e logra arroxar luz nos recunchos escuros do incosciente colectivo. As historias que conta son narrativas irresistibles e universal, ademáis de intemporais: Un home comeza unha expedición cara a Antártida. Unha muller comeza unha volta o mundo en avión. O motivo? Necesitan seguir os seus soños, as súas paixóns, superar os seus medos e curiosidades. A obra fai unha profunda análise de por qué vivimos, en qué consiste a vida e por qué morremos.

Os protagonistas desta historia fraccionada convidan ó público a través dos seus móbiles para subirse a bordo da súa expedición ás Illas Desertas. Esta viaxe dividida en etapas convértese nun acto poético, nunha experiencia, nunha fermosa aventura contemporánea no que se amosa outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.

ArtesaCía embarca ó espectador nesta aventura, con interrogantes, incerteza, entusiasmo e paixón. Sen esquecer o poético, íntimo e contemporáneo que existe nos seus traballos e continúa na procura de novas linguaxes escénicas; esta vez, para penetrar na utilidade do inútil.