Música

Bill Evans

FESTIVAL +QUEJAZZ

Novos escenarios -aos xa clásicos do Garufa Club e o Jazz Filloa súmase o do Teatro Colón-, novas datas -xullo de 2019- e novos nomes para un festival que cumpre seis anos de traxectoria.

O +QueJazz 2019 anunciou xa a súa cabeza de cartel e é, sen dúbida, un dos grandes nombres do xénero. Bill Evans, saxofonista galardoado cun premio Grammy, produtor, prolífico músico (conta con máis de 25 álbums ás súas costas) e respetadísimo artista será o prato forte da edición.

Evans actuará no Teatro Colón o 3 de xullo xunto á súa banda. Toda unha declaración de intencións para un festival que, un ano máis, pretende encher de jazz a cidade da Coruña durante o mes de xullo, con máis dunha ducia de directos, dos que Evans é só o aperitivo.

O saxofonista, cantante e produtor, galardoado cun premio Grammy de clase mundial, fixo o seu debut á idade de 21 anos. Compartiu escenario con Miles Davis, John McLaughlin e Harbie Hancock, tocou xunto a Mick Jagger, experimentou con tódolos posibles sons do jazz e o rock e revolucionou a música nos últimos 25 anos. Agora, nunha madurez creativa e interpretativa incomparables, Evans regresa aos escenarios xunto á súa banda The Spy Killers (Wolfgang Haffner -batería-, Simon Oslender -teclado- y Gary Grainger -bajo-).