Musical

CABARET, o musical de Broadway como nunca antes o viches

XIRA 50 ANIVERSARIO DA SÚA ESTREA EN BROADWAY. COMO NUNCA ANTES O VICHES!

O 20 de novembro de 1966 CABARET estreouse no Broadhurst Theatre de Broadway, producido e dirixido polo mítico Harold Prince.

Con varias das cancións emblemáticas da historia dos musicais –Willkomen, Cabaret, Money Money – e considerado coma unha das obras mestras do teatro musical de todos os tempos, pola súa intensidade dramática, a profundidade dos personaxes e a calidade da súa partitura, CABARET é o musical que todo o mundo debería ver.

En 1972 tamén se trasladou á gran pantalla, dirixido por Bob Fosse. Premiado con 8 Oscar, 12 Premios Tony, 3 Premios Oliver e 3 Premios Drama Desk, CABARET representouse en máis de 50 países e traduciuse a máis de 30 idiomas.

Anticipando a celebración do seu 50 aniversario, o 18 de outubro de 2015 estreouse no Teatro Rialto de Madrid esta nova produción da versión orixinal estreada en Broadway, adaptada e dirixida por Jaime Azpilicueta, permanecendo en cartel ata o 12 de xuño de 2016 e consagrándose coma o grande éxito da tempada en Madrid con máis de 200.000 espectadores.

Ao éxito de público sumouse o recoñecemento da profesión, ao ter sido elixido como O Mellor Musical en Madrid en 2015/16, na 9ª Edición dos Premios do Teatro Musical, dados a coñecer o pasado luns 6 de xuño en Madrid, edición na que Cabaret resultou o musical gañador en 8 das 15 categorías premiadas.

Acepten a invitación do mestre de cerimonias e ‘Deixen os seus problemas fóra. Aquí a vida é divina’. Willkomen au Cabaret, no seu 50 Aniversario.

Prezo: ANTES 01/05/2017: 40 € (VR) / 45 €. A PARTIR DE 02/05/2017: 45 € (VR) / 48 €
Duración: 175 minutos (descanso incluido)
Idioma: CAS
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 11 de Maio de 2017 | 21:00
  • Venres, 12 de Maio de 2017 | 18:00
  • Venres, 12 de Maio de 2017 | 22:00
  • Sábado, 13 de Maio de 2017 | 18:00
  • Sábado, 13 de Maio de 2017 | 22:00
  • Domingo, 14 de Maio de 2017 | 17:00
  • Domingo, 14 de Maio de 2017 | 20:30