ESCOLARES -Teatro

#camiños

ButacaZero

Que significa Galicia no século XXI? Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, dende ButacaZero quixemos reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén doso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Cal é a nosa vida e que ten que ver coa imaxe estereotipada que de nós poden ter os de fóra? Que implica a emigración para Galicia dende o pasado e sobre todo no presente? Sobre todo isto reflexiona #camiños, unha peza de teatro moi físico na que a música folk convive coa electrónica, as bicicletas de spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María e onde os selfies conviven cos sachos. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan ficar indiferentes.


DATAS E HORARIOS

  • Martes, 24 de Abril de 2018 | 11:00