Cine

Norte Cinema Diverso | Bullying (el quinto vagón), Rosinha, El poliamor explicado para madres y abuelas, Yo soy una niña, Abriendo ventanas e Pancarta

FESTIVAL NORTE CINEMA DIVERSO

 

Invitados: Richard Zebelzu, Vicky Calavia e Carla Antonelli.

BULLYING (EL QUINTO VAGÓN)
Dir. Antonia San Juan

Sinopse: Todos imos nun tren e todos os vagóns son iguais por fóra, por dentro non.

Ficha Técnica

  • País: España
  • Ano: 2021
  • Xénero: Ficción – Drama
  • Duración: 7:10’
  • Temáticas: Trans, Violencia, DDHH, Delitos de odio
  • T

 

ROSINHA
Dir. Gui Campos

Sinopse: No atardecer da existencia, unha rosa florece ao recibir os mimos dos últimos raios do sol. Un curto sobre amor e sexualidade na vellez, e o desafío ás convencións sociais.

Ficha Técnica

  • País: Brasil
  • Ano: 2016
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 15’
  • Temáticas: Bisexualidade, Maiores, Muller, Discapacidade, Igualdade de xénero, Poliamor
  • LGTBI

 

EL POLIAMOR EXPLICADO PARA MADRES Y ABUELAS
Dir. Roberto Pérez Toledo

Sinopse: Un mozo recibe unha chamada da súa nai. Quere coñecer á súa parella. Como explicarlle á túa avoa ou a túa nai que a túa parella non é unha parella, senón un trío?

Ficha Técnica

  • País: España
  • Ano: 2017
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 7’
  • Temáticas: Familias, Xuventude, Poliamor
  • LGTBI

YO SOY UNA NIÑA
Dir. Richard Zubelzu

Sinopse: A curtametraxe pretende visibilizar a realidade da transexualidad na infancia e destacar a importancia da figura dos avós. Un diálogo de complicidades, incomprensións e conflitos que superar; un amor incondicional, respectando, apoiando e asumindo desde o primeiro momento o proceso de identificación sexual dunha nena de 10 anos.

Ficha Técnica

  • País: España
  • Ano: 2019
  • Xénero: Documental
  • Duración: 20’
  • Temáticas: Familia, Novas Realidades
  • T

ABRIENDO VENTANAS
Dir. Vicky Calavia

Sinopse: Un relato a sete voces, sete mulleres LTBIQ que visibilizan a súa diversidade afectivo-sexual e de xénero. Un relato a través das súas vivencias, entre o drama e o humor, a tenrura e a realidade, non sempre fácil no seu día a día. Un relato que transita do binario, o branco e negro, á cor, á pluralidade de opcións e eleccións, de formas de ser e estar no mundo, a través da relación co propio corpo e o xénero, e das emocións, desexos e afectos.

Ficha Técnica

  • País: España
  • Ano: 2021
  • Xénero: Documental
  • Duración. 30’
  • Temáticas: Muller, Violencias, Visibilidade, Novas Realidades, Poliamor
  • L

PANCARTA
Dir. Roberto Pérez Toledo

Sinopse: Ás manifestacións hai que levar pancarta.

Ficha Técnica

  • País: España
  • Ano: 2018
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 5´
  • Temáticas: Activismo, Muller, Xuventude, Relación de parella
  • L
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 22 de Abril de 2023 | 12:00