Cine

Norte Cinema Diverso | Tarek e Canela

FESTIVAL NORTE CINEMA DIVERSO

 

TAREK

Sinopse: Catro rapaces de distinta orientación sexual contan a súa experiencia dunha noite nunha festa na que coñeceron a un mozo chamado Tarek.

Ficha Técnica

  • País: España
  • Ano: 2021
  • Xénero: Ficción
  • Duración: 9:18´
  • Temáticas: Diversidade Afectivo-Sexual, Xuventude, Novas Realidades LGTBIQ+

CANELA

Sinopse: Aos 48 anos, Ayax Grandi, un arquitecto da cidade de Rosario, decidiu ser Canela. Esta película narra a paréntese na vida da protagonista, onde ela se debate entre intervir cirurxicamente o seu corpo ou non. Con esa inquietude, comeza unha procura. Consulta a profesionais da saúde, aos seus fillos e amizades ata darse conta de algo sobre o seu desexo que realmente non esperaba.

Ficha Técnica

  • País: Arxentina
  • Ano: 2021
  • Xénero: Documental
  • Temáticas: Novas Realidades, Trans, Maiores, Non binaries, Familia
  • Duración: 75’