Circo

La fiesta escénica: Circo de Nadal

NADAL NO COLÓN

 

Este ano queremos compartir con todos esta grande estrea, un novo formato de circo, a historia máis fantástica contada pola compañía La Fiesta Escénica nos seus primeiros 25 anos de historia.

Un conto preparado para compartir nesta única xira de gran formato que realizaremos nos mellores teatros de toda Galicia. Un espectáculo visto por miles de persoas entre Madrid, Roma, San Diego, México DF, Cancún, Berlín, así como noutras capitais de España.

Un circo como nunca se viu e unha historia chea de tenrura, reencontros, ilusión e cariño á familia.


IMPORTANTE

 

A nova normativa establecida polas autoridades sanitarias obriga aos espectadores de eventos artísticos en recintos cun aforo superior a 200 persoas a presentar documentación que acredite unha das seguintes circunstancias:

-Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

-Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do
Consello de Europa.

-Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Esta obriga estará vixente dende o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html

Prezo: 7€ | 9€ | 12€ | 16€



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 28 de Decembro de 2021 | 18:00
  • Mércores, 29 de Decembro de 2021 | 12:00
  • Mércores, 29 de Decembro de 2021 | 17:30
  • Xoves, 30 de Decembro de 2021 | 17:30

SINOPSE

A protagonista desta historia é unha pequena mascota pertencente a unha numerosa e particular familia. O día de Noiteboa, tras cear, chega o momento máis esperado por todos: o reparto dos agasallos. Despois da emoción de abrir os presentes, todos marchan a durmir; excepto a mascota que divisa ao integrante máis pequeno da familia recostado baixo a árbore de Nadal. O cativo sopréndese ao ver a súa mascota xunto a el, e cóntalle apenado que todos recibiran un agasallo excepto el. A mascota dálle ánimos e lle explica que probablemente fóra un simple erro. É aquí, onde comezan a súa viaxe rumbo o mundo onírico onde todas as dimensións son máxicas. Aventuras da man de grandes acrobacias, coreografías, efectos especiais, animais animatrónicos e personaxes máxicos...farán deste conto a historia visual máis bonita deste Nadal. Con grande impacto escenográfico recréase esta viaxe cunha ampla ensinanza de amizade, cariño e respeto desvelado por un gran agasallo.