A obra máis fermosa e enigmática de Andrei Tarkovski é un caleidoscopio sobre as etapas dunha vida humana, unha elexía sobre lembranzas familiares, sensacións, emocións e soños, e un relato fragmentado sobre a arte, o amor e a culpa. As extraordinarias imaxes de O espello (Zerkalo, Andrei Tarkovski, 1975) evocan con nostalxia os alustros da memoria. Unha experiencia única para o público.
Coloquio con María von Touceda
María von Touceda (Santiago de Compostela, 1979) é escritora e licenciada en Historia da Arte. Traballa como crítica de arte, escribindo textos para artistas, galerías e institucións. Tamén realiza labores de comisariado e colabora con medios como S Moda, El Salto e a revista Cáñamo.
Colón Cinema | O espello