Catalogada en varias listas como a mellor película do século XXI, a obra mestra de David Lynch é un prodixio onírico que se mira no Vertigo de Hitchcock para crear unha trama labiríntica na que as personalidades se desdobran, as preguntas duplican as respostas e o soño dunha actriz en Hollywood se converte en pesadelo. Máis ca unha película, Mulholland Drive (David Lynch, 2001) é un fermosísimo misterio que se alzou co premio á mellor dirección no Festival de Cannes.
Coloquio con David Rubín
David Rubín, debuxante de cómic ourensán, é creador de títulos como ‘O salón de té do oso malaio’, ‘O heroe’, ‘Beowulf’ ou ‘O lume’. Conta tamén cunha longa traxectoria no cómic estadounidense, onde traballou con autores do talle de Matt Kind ou Jeff Lemire. A súa obra proporcionoulle numerosos premios nacionais e internacionais, como o Eisner, o «Óscar» dos cómics. Encántalle o cinema, un medio para o que traballou en varias ocasións.
Colón Cinema | Mulholland Drive