A alienación do traballo nas fábricas e a maquinaria automática son o eixo central dun dos cumios do slapstick e da comedia en xeral. Tempos modernos (Modern times, Charles Chaplin, 1936), ambientada na época da Gran Depresión estadounidense, mantén toda a súa vixencia en pleno 2026 pola súa crítica á deshumanización e ás tiránicas condicións laborais. Chaplin, non obstante, sempre reserva un espazo para a esperanza e a tenrura. Unha obra mestra.
Coloquio con Janet Novás
Janet Novás é bailarina, actriz e docente, recoñecida con algúns dos principais galardóns da danza en España, entre eles o Premio Nacional de Danza (2025). Tamén se alzou co Goya á mellor actriz revelación por O Corno, de Jaione Camborda. Máis tarde rodou outros títulos como La buena hija, de Julia de Paz, e Romería, de Carla Simón.
Colón Cinema | Tempos modernos