Contos Tradicionais

Contos na lareira

Non é un show pechado a historias tradicionais galegas exclusivamente senón que, en “Contos na Lareira”, o público poderá atoparse cun amplo abano de posibilidades, que abranguen dende historias galegas a outras de diferente procedencia, historias sobre personaxes anónimos, e outras de autor, historias incluso escritas polos propios artistas.

“Contos na Lareira” quere poñer diante do “gran público”, sobre todo, a posibilidade de ter a experiencia de oír, de sentir en directo as sensacións únicas que se desprenden dese máxico momento no que se apagan as luces e só o lume ilumina as historias.