Música

Coque Malla

SELECCIÓN NOROESTE

Presenta ¿Revolucion Tour?

Coque Malla abandona o retiro temporal ao que se autosometeu tras a xira ‘Irrepetible’, para volver á estrada con ‘¿Revolución Tour?’, a súa nova xira. Despois de celebrar o Goya á Mellor Canción Orixinal en febreiro, Coque Malla céntrase na composición de ¿Revolución?, o último e agardado disco, que se publicará en outubro de 2019. É un músico en reinvención constante, a súa única constante é o cambio, o anhelo de superar novos límites para a súa música. Con ¿Revolución? a súa faceta rupturista está máis presente que nunca. Este disco sorprendeu desde o minuto un: un vídeo en forma de pregunta ‘¿revolución?’ e a potente imaxe que o acompaña, obra do artista visual Manomatic, en que o rostro do artista se combina con figuras cargadas de simbolismo poético que cobran vida nas súas letras. Coque Malla implica ao seu público, lanza unha reflexión. Non está chamando ás filas de ningún levantamento, pregúntase e pregúntanos: “é posible unha revolución?”. “Eu, a verdade, non son moi optimista ao respecto…”, afirma Coque. Esperemos a descubrirmos todos os matices dun espectáculo novo, ambicioso e coidado, onde Coque repite con esa gran banda que xa é a súa. Chega aos escenarios a ¿Revolución?