Cine

Cormorán Film Fest | O raio verde

CORMORÁN FILM FEST

 

O Cormorán Film Fest presenta O raio verde, de Éric Rohmer, en copia restaurada.

Corenta anos despois da súa estrea, a película coa que Rohmer gañou o León de Ouro en Venecia segue a ser un dos retratos máis luminosos do cinema francés: Delphine, unha moza que non sabe moi ben que facer co seu verán nin coa súa vida, vai buscando sen sabelo ese instante de luz que, segundo a lenda, permite ler os propios sentimentos e os dos demais.

O raio verde é a película que inspira o cartaz oficial do Cormorán Film Fest 2026. Un clásico optimista, tenro e libre que celebramos no seu 40.º aniversario e na mellor copia posible.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 7 de Novembro de 2026 | 20:30