Música

CORO CANTABILE, Misa da Coroación K. 317 de W. A. Mozart

O Coro Cantabile, acompañado dunha selecta camerata instrumental, ofrécenos unha das obras máis representativas da produción relixiosa de W.A. Mozart. Unha obra vibrante, solemne e eminentemente coral que presentaron este verán en Viena e Altenburg (Austria), acadando un grande éxito entre o público austríaco.

‘A Misa da Coronación (Krönungsmesse)’ de Wolfgang Amadeus Mozart (KV 137) é unha misa composta en 1779 para solistas (soprano, alto, tenor e baixo), coro, órgano e orquestra (dous oboes, dúas trompas, dúas trompetas, tres trombóns, timbais, violíns, violoncellos, contrabaixos e fagots). Divídese en seis números: Kyrie (andante maestoso), Gloria (allegro con spirito), Credo (allegro molto), Sanctus (andante maestoso), Benedictus (allegretto) e Agnus Dei (andante maestoso).

Cantabile gravou ata a data cinco discos: un primeiro traballo coa colaboración da Fundación Paideia e a Deputación de A Coruña (2005), a banda sonora da película ‘De profundis’, estreada coa Orquestra Sinfónica de Galicia (2007), un álbum dedicado á obra sacra de Antonio Vivaldi (2007), avalado polo musicólogo López Calo, ‘Mozart y Haydn en las voces de Cantabile’ (2013) ou ‘Vinde ve-lo neno: Nadal con Cantabile’ (2013), unha recompilación de panxoliñas. Ademais, destaca a súa participación en proxectos como ‘Sacra et profana. Dualidad en la polifonía del siglo XVI’, entre outras colaboracións.

O coro participou en diversas óperas como ‘La Dolores’ (2003), ‘Tosca’ (2004), ‘Carmen’ (2006), ‘La Bohème’ (2007) u ‘Otello’, nos festivais organizados por Amigos de la Ópera en A Coruña, e en ‘Parsilaf’, dentro da programación Xacobeo Classics no ano 2010, baixo a batuta de Vasily Petrenko. Pero o máis destacado do seu traballo operístico é a produción propia de ‘Dido y Eneas’ de Henry Purcell, considerada a máis destacada do barroco inglés, con escenografía e vestiario propio. Cantabile estreou esta montaxe enteiramente ‘made in Galicia’ no Teatro Colón, visitando tamén o Teatro Jofre de Ferrol ou o García Barbón de Vigo.

Prezo: ANTES 16/10: 3 € (VR) / 5 €. A PARTIR DE 17/10: 5 € (VR) / 7 €
Duración: 60 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 22 de Outubro de 2016 | 20:30