Teatro

CORUFEST: Para acabar con Eddy Bellegueule

DE FESTIVAIS: CORUFEST 2022

 

Édouard Louis e Eddy Bellegueule son a mesma persoa e non o son. Para acabar con Eddy é a historia dunha transformación, a do neno peculiar que ten que sobrevivir na contorna de violencia, machismo, pobreza e homofobia no que ten a mala sorte de nacer. O neno sensible e inquieto que debe ocultar o seu verdadeiro eu para tentar ser aceptado. O adolescente que se desvive por parecer un home de verdade para esquivar así o destino de abusos e humillacións ao que parece condenado. Pero é Édouard quen, cunha honestidade descarnada e luminosa, cóntanos a historia de Eddy, do seu sufrimento e da súa liberación cando por fin consegue fuxir desa contorna opresora. Porque o final de Eddy Bellegueule é o principio de Édouard Louis, un dos escritores máis brillantes da súa xeración.