Teatro

Corufest | Los días ajenos, de Bob Pop

DE FESTIVAIS: CORUFEST 2023

 

Unha cadeira de brazos, unha lámpada de pé, e unha chea de libros emblemáticos. Bob Pop, co seu traxe desenfadado e as súas míticas lentes de pasta, prepárase para provocar ao espectador un volcán de risas eestremecementos.

Con Los Días Ajenos, o escritor traxicómico, home de opinión e colaborador de Andreu Buenafuente, íspese a través dos diarios, propios e alleos que día a día lle influenciaron coas súas palabras.

El pensa con fervor que «A transición española terminou o día en que Bárbara Rey confesou a súa noite de amor con Chelo García Cortés». E a esta mesma transición diríxenos Bob, combinando realismo literario, cuarteiróns de mandarina, hospitais públicos e graxa de xamón, para contarnos o que escribiu, hai un tempo, desde Tres Cantos (Madrid), sentado na súa cadeira de brazos.