Familiar

CRASSH presenta X TOUR

CONCERTO PARA PÚBLICO FAMILIAR

PREMIO DO PÚBLICO NA FERIA DE CASTILLA Y LEÓN

X TOUR é o espectáculo de CRASSH co que celebran 10 anos de traxectoria artística. Pensado para todo tipo de escenarios, presentan unha grande estada e estruturas con tubos, pvc e con sonoridades únicas.

O colectivo portugués CRASSH, con ampla experiencia no Serviço Educativo da Casa da Música do Porto, presentan o seu formato máis ambicioso interpretando temas orixinais xunto con algunhas versións doutros moi coñecidos, como “Viva la vida” de Coldplay ou “Eye of the Tiger” de Survivor. A enerxía e o movemento chegan ao público con xiros humorísticos, e sempre cantado en CRASSHonês (a súa propia lingua). A enerxía do directo é contaxiosa e converten o público en parte integrante do espectáculo.