Teatro

Crisálida

CICLO TODO PÚBLICO

 

Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, co que a compañía cumpre 20 anos de traxectoria.

Con esta comedia, queremos poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado, cada vez máis dixitalizado. Facer unha homenaxe a este concepto de comercio que crea convivencia e comunidade.

Crisálida é un espectáculo de máscara con catro actores (Anahí Taraburelli, Juan Rodríguez, Laura Sarasola Pontón e Josito Porto ) e máis de 12 personaxes, dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo, banda original de Davide González e vestiario de Diego Valeiras.

Historias e lugares como a mercería Crisálida, máis baseadas nas relaciones humanas e non só no benefício económico, deben ser protexidos e recuperados, porque ademáis son parte da nosa historia e do noso patrimonio como seres humanos.

A partires de 5 anos.