Humor

DANI MATEO, Desencadenado

O cómico, actor e presentador de televisión e radio española que actualmente traballo en El Intermedio (La Sexata – TV) e en Yu no te pierdas nada (Los 40 principales – RADIO) presenta o seu novo espectáculo no Teatro Colón.

Danidesencadenado_cartel_BAJA

Prezo: ANTES 07/03/2015: 16 € (VR) / 18 €. DESDE 08/03/2015: 18 € (VR) / 20 €
Duración: 100 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 14 de Marzo de 2015 | 20:30

SINOPSE

10 anos dan para moito. Non é o caso … o único que este ARTISTA (no sentido máis popular do termo … Xa saben: ‘Ai, ARTISTA! Que xeito lle das!” Ese tipo de ARTISTA…) fixo na última década é O PARVO.

Noche sin Tregua, Nuevos Cómicos, Sé Lo Que Hicisteis, Anda Ya, El Intermedio, Yu No Te Pierdas Nada, El Club de la Comedia e infinidade de teatros (onde negan coñecelo).

Si é certo que a vida nos reserva a todos un destino, o día que naceu el a vida estaba de broma.

E a iso se dedica o figura: á broma, á risa, á leria e á gargallada. Sobre que asuntos? Pois de todo un pouco: a vida, a morte, o sexo, o porno (non confundir co sexo), o amor (non confundir co sexo), a vida en parella (non confundir co sexo nin co amor), as mascotas, Deus ou a nai que o pariu (a primeira sorprendida do seu éxito).

Esta é a crónica dunha viaxe do tempo (perdido) e do espazo (baldeiro) que conforman a rutilante (nin tan sequera sabe que significa isto) carreira dun ARTISTA con maiúsculas.

Porque como dixo un sabio: “O que intenta vivir sen traballar é un idiota, pero o que o consegue é un xenio”.

E si. É o que parece. O chiste máis brillante desta sinopse nin sequera é seu. O que eu lles dicía: un ARTISTA. Vaian a velo! Mal non lles vai facer …

Dani Mateo por Dani Mateo