Familiar

Descubrindo a Mecano

ROCK EN FAMILIA

 

Con motivo das novas restricións sanitarias é preciso aprazar a celebración do evento ‘Descubrindo a Mecano con Rock en Familia’, previsto para o día 31 de xaneiro no Teatro Colón. A nova data prevista é o 23 de maio de 2021, ás 12.30 horas.

As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán facer uso das entradas que xa teñen. Aínda que figure a data inicialmente prevista, as entradas son válidas.

As persoas que non desexen asistir poden solicitar a devolución enviando un correo a imce@gestiontickets.online indicando a referencia da súa entrada ou enviando unha imaxe da mesma.

O prazo máximo para a devolución das entradas adquiridas é de 1 mes.

A devolución incluirá os importe dos gastos de xestión que fosen abonados.