Cine

Documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’

O Teatro Colón acollerá a estrea da peza documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’, unha narración cinematográfica que aborda a relación da administración local coa veciñanza nas últimas décadas a través da voz de persoas que traballaron ou que actualmente desenvolven a súa actividade laboral no consistorio. A película, producida pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, “pretende achegar o lado máis humano do persoal funcionario e poñer en valor todo o seu coñecemento e experiencia, á vez que dá á veciñanza un novo punto de vista sobre a cidade na que vive”, segundo expoñen Isabel Iglesias e Iago González, responsables do guión e dirección. O traballo documental mostra a relación do Concello coa cidadanía a través do paso do tempo, desde o distanciamento e a prestación de servizos, até a situala, na actualidade, no centro da actividade municipal.

Prezo: Entrada de balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 13 de Xuño de 2019 | 20:00