Música

Eagle Eye Cherry

SELECCIÓN NOROESTE

 

O cantante sueco-estadounidense Eagle Eye Cherry volve a España tras máis de 14 anos. Poderás gozar de cancións como ‘Save tonight’, ‘Are you still having fun?’, ‘Falling in love again’… e moitas máis, incluíndo as contidas no seu novo traballo, “Streets of you”, co que está percorrendo toda Europa dende 2018. Non é un concerto para nostálxicos, é un concerto para amantes da boa música e unha excelente oportunidade para descubrir a este artista se aínda non o coñeces.