Música

CANCELADO | El Consorcio

CONCERTO CANCELADO

 

Lamentamos comunicar a cancelación do concerto de El Consorcio previsto para mañá o venres 24 de abril de 2026 no Teatro Colón debido á enfermidade dun dos compoñentes do grupo.

A devolución das entradas compradas en ataquilla.com realizarase automaticamente.
Para a devolución das entradas compradas no despacho de billetes da Praza de Ourense débese acudir ao devandito despacho de billetes, onde se lle devolverá o importe das localidades.

Datas de devolución: desde o 23 de abril do 2026 ata o 25 de maio de 2026, ambos inclusive.

Desculpen as molestias.


Para falar de El Consorcio é inevitable remitirse a Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertenceron a ese grupo. Eles son a única formación hispana que vendeu máis dun millón de copias dun sinxelo cantado integramente en castelán.

El Consorcio, formado por Estíbaliz Uranga, Amaya Uranga, Iñaki Uranga e Carlos Zubiaga, é o grupo vocal por excelencia do noso país e os seus grandes éxitos permanecen hoxe en día. Tómame o déjame, El vendedor, La otra España, Qué pasará mañana, Secretaria, Quién te cantará, Desde que tú te has ido, Amor de hombre, Dónde estás corazón, Le llamaban loca… marcan a súa extensa e intensa traxectoria con máis de cinco décadas de historia da música española.

ERES TÚ, canción composta por Juan Carlos Calderón, supuxo un dos maiores éxitos da súa carreira. Canción coa que obtiveron con Mocedades o segundo posto de Eurovisión en 1973.

As súas magníficas voces, cun empaste e unha calidade sen igual, leváronos a conquistar un Grammy Latino en 2016.

Neste novo circuíto, poderemos escoitar as cancións máis importantes das súas carreiras abarcando o máis grande de MOCEDADES a EL CONSORCIO.

Prezo: CANCELADO



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 24 de Abril de 2026 | 20:00