Humor

EMHU | Amigos hasta la muerte

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Amigos hasta la muerte, a obra de teatro, verá a luz no cine este 2023 baixo a dirección de Javier Veiga. O reparto da película subirase ao Teatro Colón para un evento especial e único no EMHU, coa proxección da película, unha pequena actuación e un coloquio cos artistas da película. Capitaneados por Javier Veiga, poderemos velo a el, Marta Hazas, David Amor, Xosé A. Touriñán e Xoel López contando as desventuras de Nacho, Ángel e María. Un espectáculo de teatro único para un festival especial.