Humor

Festigual | Spascity and more, de Oswaldo Digón e Marc Buxaderas

FESTIGUAL 2026

 

Dúas maneiras de facer comedia e un mesmo escenario. Oswaldo Digón e Marc Buxaderas protagonizan unha noite de humor na que a improvisación, as historias cotiás e a discapacidade se converten en materia para rir e pensar. Oswaldo achega o seu humor próximo e espontáneo, mentres Marc presenta Spasticity, un espectáculo que percorre, sen paternalismos e con grandes doses de humor, situacións do seu día a día como persoa con parálise cerebral. Un encontro para achegarse á discapacidade desde outro lugar: a experiencia, a reivindicación e, sobre todo, a comedia.

Oswaldo Digón é cómico, actor, guionista e improvisador, cunha traxectoria de máis de 25 anos sobre os escenarios. Participou en proxectos como Las Noches del Club de la Comedia, Fariña ou Síbaris e é fundador da Escola de Impro da Coruña. O seu humor parte da observación do cotián, a improvisación e a relación directa co público.

Marc Buxaderas é actor e creador de Spasticity. Nacido en 1999 con parálise cerebral tetrapléxica espástica, desenvolve desde 2016 diferentes proxectos escénicos cos que busca contribuír á normalización da discapacidade e transformar a maneira na que a sociedade percibe as persoas con discapacidade, utilizando o humor como unha das súas principais ferramentas.


Accesibilidade

  • LSE
  • Función relaxada
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 6 de Novembro de 2026 | 20:30