Teatro

Flores de ferro

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

O guión teatral, baseado na novela de María Rei Vilas Flores de ferro, amósanos en primeira persoa as vivenzas dunha moza (Camila) que a finais dos anos oitenta vese obrigada, por necesidades familiares, a regresar a súa aldea materna. Unha vez alí, as circunstancias a levarán a coñecer de primeira man a verdadeira historia da súa familia e polo tanto, a súa propia. Unha historia descoñecida ata ese intre para ela pero da que xa non poderá escapar.

Prezo: CONVITES ESGOTADOS.



DATAS E HORARIOS

  • Luns, 27 de Marzo de 2023 | 20:30