Música

Furious Monkey House presenta o seu segundo disco: Love, Scum & Dust

Ciclo Nadal no Colón

Estreno na Coruña/em>

Furouis Monkey House é unha banda formada por 5 rapaces de Pontevedra de entre 14 e 16 anos… e un mono furioso. Un proxecto alucinante que naceu na clase de música e levou a Mariña (voz), Carlota (batería), Amaya (teclados), Irene e Diego (guitarra) e o mono (baixo) a gravar o seu primeiro traballo, Run (Esmerarte/ AtresMúsica, 2015) nos famosos estudos de Abbey Road e Planta Sónica.

Desde entón, Furious Monkey House están a deixar coa boca aberta ao mundo cunha calidade alucinante sobre o escenario e o seu repertorio de cancións pop e rock de aires noventeiros que emocionan a nais e pais que foron fans de Nirvana, Pixies ou Smashing Pumpkins, e a nenos de todas as idades con ganas de bailar.

Xa tocaron en grandes escenarios como o Primavera Pop, O Son do Camiño ou o Festival PortAmérica, e o fenómeno Furious Monkey House arrasa en medios de alcance nacional como Sesiones Ligeras, Roomies, Los 40, Jotdown Magazine, Radio 3 ou El País. Ademais, os nosos adictos aos plátanos compuxeron Life into the wild, o tema principal da película Zipi e Zape.