Cabaré

Gala Femme Fatale

XI FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ

 

Conmemorando a chegada dos novos anos 20 e o retorno á Coruña do Festival Gallego de Cabaré, a Compañía Femme Fatale recupera unha gala moi especial.

Para a mesma crearemos un ‘dream team’ de artistas que teñen moito que dicir no xénero do cabaré, tanto a nivel galego como a nivel estatal ou internacional, arropados polas coreografías, monólogos ou números de cadeiras ao máis puro estilo de cabaret berlinés atemporal.

Un espectáculo multidisciplinar con música en directo, aéreos, burlesque, humor, maxia, danza… Nunha gala moi especial que retoma a esencia das primeiras galas do Festival en Oleiros 2006 ou Pontevedra 2007, e que marcaron unha singularidade nas artes escénicas de Galicia.

Estás preparada para esta gran festa?